![]() |
| O Acaecemento do Planeta X: Saga do Nibiru vol.I |
Unha cuadrilla de mozos afeccionados fai, case por
casualidade, un crucial e á vez inquietante descubrimento astronómico.
Inmediatamente, o goberno terrestre toma cartas no asunto; mais tamén o fan os
poderes fácticos, as grandes corporacións mineiras espaciais, as aínda
poderosas mafias, os influentes líderes relixiosos, os antisistema... Entran en
xogo nun drama de suspense político no que todos queren conquistar o
fundamental: A súa supervivencia fronte á ameaza que se cerne sobre a Terra...
Limiar:
Fai miles de anos, na antiga Babilonia, unha lenda
escrita nunha tableta de
arxila profetizaba a chegada de Nibiru,
un corpo celeste, que carrexaría grandes penalidades para o noso planeta.
Nun futuro non moi afastado, a sociedade humana
estaba a renacer das súas cinzas, após unha serie de interminables crises
financeiras, sociais e sanitarias a nivel planetario, nun desenvolvemento
económico, científico e tecnolóxico sen precedentes: enerxías limpas, reciclaxe
integral, bioenxeñaría, os novos materiais, a colonización do Espazo,
desenvolvemento sustentable, a feroz robotización...
A Terra converteuse nun auténtico paraíso para os
sobreviventes.
Con todo,
un terrible evento
desafiará, de novo, a capacidade de subsistencia da nosa especie.

No comments:
Post a Comment