Alá fai uns anos atrás, os futurólogos apocalípticos da pseudociencia mesturaran, errados, coma sempre, a suposta profecía do troco da Era dos Maia cunha vella lenda babilonia, a do Nibiru, pra crear o fenómeno da Apocalipse do 2012.
Obviamente, todo iso, non aconteceu.
Mais, na miña curiosidade humana natural, e coma afeccionado á Historia Antiga,
fíxome mergullar no conto e, ó documentarme e ir sabendo máis, foime decatando
de que a dita lenda, actualizada ós nosos tempos coas teorías científicas sobre
o Planeta X, nunca fora tratada axeitadamente na literatura, e vin que había
material dabondo para escribir unha novela, extensa, si, mais entretida, tamén.
Ambientada nun futuro relativamente próximo, a
miña novela podería ser catalogada,
nunha primeira ollada, coma de "Ciencia-Ficción catastrofista"
clásica, das de toda a vida, pero vai máis alá:
-Téntase respectar rigorosamente os preceptos
científicos, tanto a tecnoloxía actual como a que previsiblemente imos ter dentro dalgún tempo, polo que eu a
cualificaría mellor coma de "Ficción Científica".
-Xustamente, un dos temas principais da novela é o
"Milenarismo Tecnolóxico" ou a competencia entre os seres humanos e
uns robots extremadamente intelixentes, e, inda máis, empáticos
.
-Mais, lonxe de ser unha obra densa, incorpora
moita acción trepidante, suspense, romance, mesmo fulgores de humor e erotismo...
se mo permiten, é unha novela moi "sexy".
Lese moi rapidamente, e, na miña modesta opinión,
os derradeiros, e sorprendentes, capítulos deixan ó lector con ganas de saber
máis.
Espero, confío, que lles agrade. Saúdos,
soñadores!
Leo G.Paz
leogpaz.2ya.com
No comments:
Post a Comment