19 Jun 2016

Edición en galego! · Galician ed.



Moi boas, soñadores!

Xa estou coa versión en Galego da miña...


 

SAGA NIBIRU VOL. II


Velaquí déixovos un parágrafo do primeiro capítulo, pra abrirdes boca:




Unha feble choiva estelar, esvaecida coma bágoas na choiva, pouco visible no crepuscular ceo, ía acompañando á refulxente nave espacial na súa rápida e furtiva saída dende a superficie do enorme planeta, no medio dunha das titánicas tempestades que batían sen piedade, e dabondo, a estreita banda habitable do mesmo, só unha estreita rexión situada na beira entre a súa dobre e paradoxal cara: dunha banda, a tórrida metade visible, perpetuamente acendida, exposta á calor tiránica do seu máis próximo astro-rei e doutra un lado oculto, na fonda frixidez da escuridade eterna. O seu comandante, un nativo da super-Terra, semellaba inquedo ... ©Leo G.Paz 2016


Máis axiña! Se todo vai ben, sairá pra o Día Nacional de Galiza/Galicia, o vindeiro 25 de Xullo.

Ataloguiño, soñadores!


No comments:

Post a Comment